Inscrición e normas 2026-2027

Prazo de Inscrición: Do 4 de Setembro ás 9:00 ata o 28 de Setembro 2026. Para poder comezar as actividades o 14 de Setembro, o prazo remata o día 11 ás 23:00.

O período de actividades abrangue dende setembro/ outubro do 2026 ata o 11 de xuño de 2027.

Formato Inscrición: online ou con ficha, agradecemos o uso do formulario online porque facilita a xestión:

  1. Formulario online (preferente): AQUÍ

  2. Ficha Inscrición (descarga máis abaixo): Enviar a ficha cuberta ao correo anpaseisdonadal@gmail.com ou deixala na Anpa ou no buzón, co xustificante de pago nos casos de inscricións soamente para extraescolares.

    Importante: Se non es socio da ANPA precisamos que cubras o formulario e nos adxuntes:

    • Xustificante de pago da cota de socio + seguro (25€ familia +5€/alumn@):

    Se non podedes adxuntalo, o remitides ao correo anpaseisdonadal@gmail.com

Descargas de documentos:

  1. Ficha Inscrición

  1. Normas